viernes, 5 de diciembre de 2008

"http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=-2882126416932219790&hl=es&fs=true" style="width:400px;height:326px" allowFullScreen="true" allowScriptAccess="always" type="application/x-shockwave-flash">

jueves, 19 de junio de 2008

Lúa





Hola de naqrdanza, nuevo a todos y todas, miembros y miembras de este afamado blog.
Siento la tardanza, pero he estado más bien liadillo con el nacimiento de Lúa y posterior post parto. Ya os explicaré ante un vino o un gin tónic, o dos, esa inolvidable experiencia de estar presente en el parto. a mi nadie me avisó de que setrataba de tamaña carnicería. Eso sí, ya nunca volveré a quejarme de que me duele algo, lo que sea...

Os pongo unas fotos de ésta preciosidad que es mi hija. ¡y no es pasión de padre!, que también podría, sino que es así, opinión general.

ya me diréis...

Bsos a todos, por cierto estoy que se me sale la felicidad por todos lados.

Rafa

lunes, 16 de junio de 2008

Esperando a Lúa

O verán está cada vez máis cerca, o solsticio está á volta da semana lectiva, e a festa do San Xoán, das de máis tradición na nosa terra, tamén. Mentres, seguimos esperando coñecer a Lúa, a través do blog, como me prometeu o Hamao. Como mal menor...coñecerémola no verán, farémoslle un bo recibimento, non hai dúbida.

Tampouco hai dúbida, de que serei a primeira en apuntarme para celebrar o que faga falta. Se non temos outra desculpa, o Racing e o Pontevedra xogarán outro ano en 2ª B, pois nada, unha vez máis a celebrar "o ensalzamento da amistade", tan importante para todos nós.

Por suposto, a dúbida ofende, con iso de que eu non serei quen de ser hospitalaria cos foráneos das Rías Baixas, parece mentira que me coñezades!! Xa sei que entro ao trapo como un touro pero para iso son de San Roque, je, je...

Buzapertas a todos: os que escriben en castelán ou en galego e aos que non escriben pero si len.

Abuuuurrrr

sábado, 14 de junio de 2008

Lo confieso, soy un procrastinador.

Hola amiguitos, estaba picando por aquí y por allá y me encontré por casualidad con la palabra "procrastinar", que ya había leído en alguna otra ocasión pero que había olvidado, así que busqué su significado y según la RAE es únicamente diferir o aplazar, pero que se utiliza y está de moda en los libros de los guais de "management" como "la acción de postergar actividades o situaciones que uno debe atender, por otras situaciones más irrelevantes y agradables. Este término proviene del latín procrastinare, pro- (adelante) y crastinus (relacionado con el mañana)". Vamos, el "no hagas hoy lo que puedas hacer mañana, y más si es algo chungo".

Así que me acabo de reconocer, y aquí os lo confieso en confianza y secreto, un pertinaz procrastinador, un perezoso, un artista del "tendría que escribir algo y, sí, lo haré, pero no ahora, mejor luego...". Y así pasan los días, pero hoy, en un arrebato de acto de contricción, arrepentimiento y propósito de enmienda, os digo éste mi pecado a vosotros mis confesores y cumplo la penitencia de escribir en mañana sabatina. Espero de vosotros indulgencia, aunque no sea plena.

Ojalá, Peri querida, que ese plan estival nos permita gozar de tu visita y si la BuZ no te ofrece alojamiento ya sabes que en nuestra casa no te ha de faltar un techo y algo de comida y un poco más de bebida. Creo que los demás ¿escritores? del blog coincidirán en ese mes de julio que tan bien pinta, ya que me consta que el Hamao regresará a su Tierra para presentársela a su Lúa en las primeras semanas y creo que Xabiqueiro también escogió el mismo mes de Santiago para su "retonno". Obviamente, BuZ en Bueu y el que esto suscribe, humilde proletario que no tiene veraneo, estaremos en la Pontus Veteris, esperando poder compartir cañas y risas con charlas literarias sobre las cartas de tapas o sobre la Crítica de la Razón Pura o sobre el nuevo fiasco de la "Roja" o sobre...la amistad?. Se os echa de menos (¿lo he dicho antes?) y se os quiere (¿y esto?) así que no tardeis mucho en venir ni en escribir.

Corapertas y bicanxos.

P.D.: Fernandito, para que vexas que se pode escribir en castelán e ninguén di nada...escribe, coño!

jueves, 12 de junio de 2008

isto é unha proba, que acabo de escribir e non me sae en publicados. mecachis.

Benvida, lúa!

Escribir despois de Anxo o poeta impón, pero a risco (máis ben seguranza) de non estar á altura dos meus predecesores, teño que falar aquí un ratiño para dar a benvida ao mundo a Lúa. Rafa, espero que teñas un ratiño para ler isto (moitos non terás) e que sintas un abrazo que te mando dende o outro extremo da península (íbérica, que diría Félix).
Ter un fillo é a sensación máis feliz e emotiva da vida dunha persoa (creo) ou sexa que supoño que estarás encantado e cun sorriso perenne. Pódesnos poñer unha fotito e así a vemos ¿vale?.
Este verán en xullo vou estar en baiona e cun certo grao de libertade, xa que coincido coa miña irmá. Entón se vós xuntades un día en pontevedra e a miña amiguita maría me chama e invita a dormir pode ser que nos vexamos. Non sei se atreverme de todas formas, o máis profundo que lin ultimamente é un "mujer de hoy" e maría cóntame das vosas tertulias. Bueno, despídome, que estou aproveitando un ratiño de vagar no insti.
Bicos mil a todos, escribide por aquí un pouco, que me apetece saber algo de vós.
Rafa, non desesperes polo de non dormir, dura un par de meses e as cousas despois son moito máis fáciles. Bicos.

martes, 3 de junio de 2008

Luz de Lúa

Fixo a luz onte, e Lúa deulle luz ás vidas de Bea e Rafa. Benvida Lúa, benvida sexas e bendito o froito de felicidade que traias a este mundo. Para os fillos que mañá terás Lúa, para os fillos que maná terán os nosos fillos, construimos un mundo que non coñecemos aínda, pero que se se poidera escoller estaría feito con ladrillos de poesía e cemento de amor e amizade e pintado con caricias e abrazos.

A homenaxe de benvida debe ser de lúa, de recordos de todos e de poesía, e o mellor xa o fixo alguén que creia nesa construcción posible, un mundo de sensibilidade feito organismo humano e convertido en inmortal monumento por aqueles que o alento lle roubaron. Aquí a lúa en Compostela debuxada por Federico García Lorca a quen a ameaza non lle viña do galego senón dos defensores da orde. Brindo por Lúa, por Bea, por Hamao, por todos vos e polos que vos queren. Bicos.



Danza da lúa en Santiago


¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!

É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.

Fita seu corpo transido,
negro de somas e lobos.

Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono?

¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!

¿Quén fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?

É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.

Déixame morrer no leito
soñando con froles d'ouro.

Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¡Ai filla, co ár do céo
vólvome branca de pronto!

Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos.

¿Quén brúa co-este xemido
d'imenso boi melancónico?

Nai: É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.

íSi, a lúa, a lúa
coronada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!

viernes, 30 de mayo de 2008

análise do chiquichiqui

bueno, a ver se me sae. Intentarei colgar un vídeo que me pasaron e me fixo moitísima gracia. Ao mellor xa o vístedes, xa me contaredes.

máis de

jueves, 15 de mayo de 2008

é tempo de cogumelos non si???????

Quizais sexa pola chuvia que non para (que ledicia), ou por nonseique pero é tempo de cogumelos. Nótase que somos case como os hongos, gústanos a humidade e un pouco de calorciño para apereces todos..jejejejejje

Sinto Peri, pero o neno que hai dentro mi aínda que teño corenta sigue aqui jajajajajaja.

Non sei que me apetece mais si escoitar a Paul Preston o disertar con vos pola noite.....jajajaja. O que xa non me gusta tanto e o do viaxe. Xa veremos porque eu ando con moitiiiiiiiiiiiiiiiiisimo traballo. E mais´doado que viaxemos en san Xoan que son as festas de LEón, pero aínda non sei nada....

Espero que sigamos coa primaveira pòr moito tempo e non desapazcades, que agora xa somos moitos os de 40¡¡¡

Eu, tamén os quero.... sinon que coño fago escribindo no blog en vez de estar disfrutando corrixindo exámenes...

Xabiquiños

O REXURDIMENTO PRIMAVERAL

Despois dunha paréntese de meses escuros, a luz e o blog volta as nosas vidas.

No meu caso, non só me anima a luz da primavera, fundamentalmente unha xornada de reforzo da utopía como a que vivimos Corbillón e máis eu este pasado luns. Tivemos a fortuna de voltar, unha vez máis ao entrañable Santiago, desta volta a escoitar ao noso admirado Eduardo Galeano:
QUE MARABILLA!
Totalmente recomendable, non volo perdades se algunha vez se vos presenta a ocasión, a súa dialéctica e tan boa como a súa escrita, narración feita poesía, como di Anxo. Non só non nos defraudou, senón que nos elevou tanto o ánimo que conseguiu que fósemos tomar uns viños para celebralo. Tiña díficil convencernos, je, je...
Estivo tan ben a conferencia como os viños posteriores, unha xornada completa a golpe de luns. A verdade é que vos botamos en falta, alí estabamos no Abrigadoiro, unha noite máis co viño de amandi, o queixo e os chicharróns. Só nos faltaba a vosa compañía, así que, xa sabedes...un día destes a Compostela a tomar os viños, cando queredes quedar?
O martes 3 de xuño, hai unha conferencia de Paul Preston sobre os corresponsais estranxeiros na guerra civil española. Anxo e máis eu estamos dispostos a acompañar a Xavi (sabemos da túa afección por este autor) e a todos os demais que queirades vir.

Todo isto, sabedes que computa na formación para poder participar nas próximas xornadas de copas nas noites veraniegas pontevedresas. No caso de non asistir ás conferencias, teredes que ler...moitísimo se queredes coller algún turno de palabra.

Esperamos ansiosamente a presentación de Lúa en directo no blog. Rafa espero que coa emoción non te esquezas de nós.

Unha buzaperta.

martes, 13 de mayo de 2008

sigo viva

Ola amiguitos e amiguitas!
Non me pasou nada, aínda que fai moitísimo tempo que non escribo por aquí. Pido perdón por non atopar un oco para vós, pero ás veces é tan dificil estar un rato tranquilo, soíño, sen barullo, sen algo apremiante que facer...
Non teño nada especial que contarvos, só que teño bastante traballo (e iso que son profesora, je, je) e as miñas labores (fillos) non me deixan moito tempo. Si teño tempo ao mediodía, despois de comer, pero a esas horas non teño rego cerebral, despois empezo cos nenos, ás veces simplemente baixalos ao parque (non vou levar o ordenador) e despois xa empezan os baños, ceas, as clases sen preparar, etc...
Tampouco é unha queixa, só é algo parecido a unha xustificación. Si que de todas formas miraba por aquí a ver se alguén escribía, pero vexo que todos estamos liados.
Bueno, agora voume que acaba de chegar pepito e vouno mimar un pouco, ou correctamente, voulle dar uns aloumiños, que é unha palabra moi bonita.
Bueno, un aloumiño tamén para vós, que xa teño a pepito no meu colo tocando todas as teclas, e pedíndome a "liliña teteca" (para os non iniciados, galliña tureleca, vídeo en yutú).
Bicos mil, escribiré pronto. Ah, felicidades, Xavi, membro de pleno dereito, xa te notaba eu un toque un pouco infantil, con tanto je,je, e similar (je, je)Chaoooooooooooooooooooooo, eu tamén vos quero, non vas ser ti Anxo, o único cariñoso.

lunes, 5 de mayo de 2008

Uno no escoge.

Buenas amiguitos, se ve que se nos escapa la fuerza y no por la boca o por los dedos...Pero esa fuerza que ahora languidece no es más que la inercia de la fiesta de fecha tan especial. No es cosa de hacerse harakiris por ello, más bien lo contrario. Y es que no hay pasión soportable de forma sostenible en el tiempo, y lo nuestro, amiguitos, sabemos que es una relación de largo plazo, sostenible y renovable que tiene más sentido en la serenidad de lo profundo que en la presencia por compromiso. Así es que en este complejo sistema de la armonía cósmica en la que cada luz tiene su sombra, iniciamos un nuevo tiempo para el blog, en el que las apariciones dejarán de brotar exhuberantes, pero germinarán de vez en cuando, por aquí o por allá, pero para ir sembrando poco a poco, sin prisa pero sin pausa, hasta crear un bosque permanente y muy nuestro de abrazos compartidos, que se escenifican en opiniones, risas o canciones para todos.

Hay tantos "pogüerpoins" que circulan por ahí recordando que hay que vivir y cumplir los sueños, y que hay que decir los que quieres que les quieres, que uno se cansa de leerlos y puede correr el riesgo de olvidarse de decirlo. Pero por mucho que deje de reenviar esos correos no quiero olvidarme de repetirlo, os quiero. (snif, snif, momento exaltación de la amistad y sin Absolut de por medio). Y si de veras soy correspondido, me perdonaréis que os regale este poema de Gioconda Belli, con la seguridad de que después de leerlo me habréis perdonado. Si bien es verdad que uno no escoge las cartas con las que juega, la forma de jugar, el estilo, si se escoge, y en función de cada carta que jugamos, así será la baza que nos hará ganar o perder. Pero mejor que hacer balance economicista de pérdidas o ganancias, creo que lo mejor es jugar como nos pide nuestro ser, para que la baza nos haga...disfrutar y hacer ese nuevo mundo en el que cumplir con nuestro deber de amor. Bicos.

UNO NO ESCOGE

Uno no escoge el país donde nace;

pero ama el país donde ha nacido.

Uno no escoge el tiempo para venir al mundo;

pero debe dejar huella de su tiempo.

Nadie puede evadir su responsabilidad.

Nadie puede taparse los ojos, los oídos,

enmudecer y cortarse las manos.

Todos tenemos un deber de amor que cumplir,

una historia que hacer

una meta que alcanzar.

No escogimos el momento para venir al mundo:

Ahora podemos hacer el mundo

en que nacerá y crecerá

la semilla que trajimos con nosotros.

martes, 22 de abril de 2008

Xa son miembro de pleno dereito¡¡¡

Estou moi ledo¡¡¡

O motivo son varios, e a verdade e que non sei por onde comenzar... primeiro os ases e logo os ....jajajajaj

POis estou escoitando ELVIS¡¡¡ un dos estudiantes que traballa conmigo a miña petición de "algo" de Elvis PResley" descargoume 79 CDs..jajajaja estara trantado de facerme a pelota????????, jajajajaja. O certo e que estoy encantado, porque gustame moitíiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimo. A sua nai está sorprendida porque non son desa xeració...

E falando de xeracións... xa estou para participar no blog, o sábado 19 de abril entrei na corentena¡¡¡ yuuuuuuuuuuuuuuuuuupi¡¡¡, paseino moi ben e además agora xa podo dar opinión de peso no blog porque falo dende o coñecemento. Non coma eses mozos de treintaitantos que dan opinión sobre os KArmas e cousas así, jajajajajajaja

Alégrome moito das evolucións de Corbillón, que mais que un home recórdame un F-1 e de tantas que ten podría ser claramente un Ferrari aínda que polas espectativas que levanta en nos ben podería ser da escudería do botijo amarillo (REnault) jajajajaja.

Unha perta para todos.

Xavi

martes, 15 de abril de 2008

Un mes después

¿Veis como la vida es un suspiro?... hace ya un mes que escribí mi último comentario y parece que fue ayer.

Os envío un Karma de esos preciosos que de vez en cuando envían algunos que además de no tener nada que hacer, creen en ellos. Por si acaso hay entre vosotros alguno de éstos últimos, ahí os o dejo.

Por lo demás, ya os imaginaréis que mucho trabajo y pocas fiestas. Lúa con 2,5 kg, creciendo sana, alta y guapa como su padre. Pero como no sabéis apreciar la calidad de las ecografías me ahorro subiros la última.

Peri, siento mucho lo de tu codo, aunque me alegro de que ya estés plenamente recuperada. Si es que por mucho que nos empeñemos, ya no tenemos edad para ciertas cosas. Aunque todos esperamos que ese pequeño percance no te lleve a abndonar el bello deporte de los patines.

Y a los demás que queréis que os diga, pobriño Xavi que hasta a veces tiene que trabajar... y a Anxo que sufriendo como siempre mantiene al Cisne, peor lo tiene el Racing.

Bueno queridas y queridos, prometo aplicarme más y entrar más a menudo a hacer, al menos, algún tipo de comentario "profundo" como éste.

Bsos

Oh¡ veo que no es posible adjuntar un archivo que no sea video o foto, osea que o alguien me informa de como se puede subir otro tipo de archivo u os quedáis sin Karma. Es un power point.

domingo, 13 de abril de 2008

Nova lexislatura, novos proxectos...

Queridísimas e queridísimos, seica que a campaña e o proceso electoral facían necesaria una pausa coma a de ô ô para retomar con forza un novo tempo. Onte rematamo-la liga e finalmente nun discreto décimo lugar que permitiu salva-la categoría e cumpri-lo obxectivo básico. Por outra banda, laboralmente tamén oubo unha fronteira o venres, que marca unha porta a unha nova etapa, así que hoxe estou de volta.

Pero inda que aparentemente somos os mesmos os que retornamos, nada permanece inalterable e sempre somos evolución. Aquí que me presento, ollando ó futuro, dende o noso blog, e con esa serena sensación da calidez e a seguridade da boa compaña dos amigos...qué gustito!

jueves, 10 de abril de 2008

Casi esquenzo o blo¡¡¡

Aínda que non o creades casi olvidovos... buah¡¡¡¡¡¡¡¡¡
E´ o puñeteiro traballo que non me deixa, debe quererme moito porque quere vir conmigo a todolos sitios, ate a miña casa, cos meus fillos quere ser a miña sombra cando paseo e incluso formar parte dos meus soños cando durmo....

Pero como puiden olvidares os amigos, será porque vinvos en Pontevedra (a uns mais que outros) ou será precisamente por iso porque casi non os vexo, que o traballo está mais tempo conmigo, que dame moitas alegrías, que é un compañeiro inseparable dende hai mais de 15 anos, día tras día...

Bicos Xavi

martes, 25 de marzo de 2008

que vagonetas!

Bueno, ¿que? aquí non escribe ninguén.
Só teño un ratito que é moi tarde e teño que deitarme, pero quero saudarvos despois desta semana de vacacións.
Claro, como vós vos vedes non escribides nada xa. En fin, pois dareivos eu o rollo: estiven de vacacións en Conil. Paseino moi ben, aínda que o bó tempo non nos acompañou, creo que debo ser das poucas persoas que viu Cadiz chovendo a caldeiros, pero en fin, o resto dos días bastante mellor.
Recoméndovos ir por alí se non o víchedes, as praias son maravillosas, sorprendentemente pouco edificadas, non hai a cartelería típica do mediterráneo (carteis e carteis ao longo da costa de todo tipo de negocios e tenderetes...), pobos moi bonitos, en fin, que se ides xa vos contarei con máis detalle.
¿Que máis? ¿onde estás, Rafa? ¿e Sergio "Isidro", non ía escribir por aquí?.
Bueno, por hoxe acabei, a ver se consigo colgar aquí algún día o vídeo que grabei en Tarifa dende un barquito no que se ven delfines, foi chulísimo, para os nenos e os maiores.
Bueno, agora si me vou durmir, que mañá madrugo. Bicos a todes

lunes, 10 de marzo de 2008

Votacións

Aaaaaaaaaaaaaah, xa teño dúas mans, prepárate blog!
O primeiro, non sei onde é a foto de buz, pero é un sitio "ben chulo". O seguinte, vou falar das votacións do sábado, si, si, do sábado. ¿Alguén viu un programa no que sairon todos os posibles candidatos a eurovisión, e de aí por votación vía teléfono e sms saía o representante de España en tamaña festa?

Foi divertidísimo, en xeral eran bastante patéticos, pero o mellor é que había un "el Chiquilicuatre" (algo así) que é como meu pai disfrazado e cantando unha canción da calidade musical de aquel éxito glorioso "tengo gambas, tengo choquitos,...", eso si, acompañado de dúas bailarinas fácendoo mal adrede (supoño) que en fin.
¿Que pasou? pois este pais está salvado, que a xente, supoño que da idade dos meus sobriños (en torno aos 20 para os non iniciados) ou así empezou a votar a tal especimen e saiu elexido. Supoño que ao Urribarri e compañía estaralle dando un ataque.

Bueno, ´tamén podería falar das eleccións do domingo, pero iso déixoo para outro día. Mañá empezo a traballar e vou preparar unhas cousas. Bicos mil

Ah, non vos verei en semana santa pois estarei en Conil (non quitedes conclusións do nome, só é un pobo de Cádiz). Xa vos contarei disto tamén. Bicos

domingo, 9 de marzo de 2008

O ansiado maaaar


Hoxe móstrovos unha da mellores fotos que eu teño do mar. A ver quen sabe desde onde está feita? Premio a quen o acerte.


Xavi cando veñades de vacacións nós estaremos a piques de rematalas. Aínda así, non vos libraredes de nós tan facilmente. A ver se podemos acompañarvos a ver o mar, porque a pesar de estar aquí ao lado, non sempre lle facemos visitas.


Cambiando de tercio (recurrindo a linguaxe taurina, por aquelo de ser de San Roque), Corbillón parabéns pola valiosa victoria de onte e a ver se tes un oco para cambiar os "vidrios" do entroido e nos pos uns conmemorativos da semana santa: xa sabes que todos os blogueros da corentena a estamos esperando como "auga de maio" (as vacacións ou a celebración da semana santa? cada un que responda para si ou publicamente, como lle apeteza).


Buzapertas a todos.

jueves, 6 de marzo de 2008

Iste Tema e dos mais importantes...ou non?

Pois como decides cos temas importantes deben estar no blog.....

Pois as miñas vacacions son moi importantes..jajajajaja ou non... Penso que si porque estoy desexando facer unha long e profunda reflexión o menos con algúns dos meus achegados jajajajaja....
Iremos para Pontevedra o sábado 22 (Comida na armenteira) e de volta para León o mércores 26.
Xa teño ganas de ver o..... marrrrrrrrrrrrrrrrrrrr jajajaja a vos tamén, pero sinto decilo gustame mais o cheiro da mar, o son das olas, aínda que algúns faledes moi ben o murmullo do mar é a única poesía que non teño que escoitar varias veces para entendela. Chégame moi cedo a miña alma.

Bicos para todos, xa queda pouco....

Xavionekenove la hora de ir a pontevedra, jjajajajaja

martes, 4 de marzo de 2008

eleccións

Bueno, aínda que só cun dedo, vou escribir algo. ¿quen vai gañar? supoño que zp, pero non me convence. No debate non me gustou, xa non me meto en economía, que supoño que é do máis importante, pero en outras cousas... Por exemplo, levei as mans á cabeza cando comentou que apoiaría ao pp se gañaba en toda a súa loita contra o terrorismo, ¿pero que é iso? ¿como se pode apoiar a priori algo que non se sabe que vai ser? ¿e se piden amputarlle as mans a todos?, Pareceume máis sensato rajoy que dixo que non lle apoiara porque non lle convencía a súa postura, paréceme bastante máis razoable esa forma de actuar, aínda que como comprenderedes a min rajoy...
ademais non me parece lóxico que se ningunee aos outros partidos, parece que non existen, que só se pode votar a un dos dous.
bueno, mañá máis, a ver se xa teño dúas mans hábiles. Mañá revísanme, ¡a ver se me quitan o xeso! (non confundir con sexo, je, je).
Bicos e ata outra.

martes, 26 de febrero de 2008

Yo antes nunca....

Dicía a nosa querida e ben amada "María Dolores Tajadas" (con todos os meus respetos) que ela comenzou a darse conta da entrada na vellez cando empezou cos "antes nunca". Yo antes nunca tenía resaca, yo antes nunca me cansaba tanto....
Eu antes nunca pensara que podía botar tanto de menos falar con vos..jajajajaja. Sinto todo este tempo que levo sin aparecer pero ando "apretado" co traballo..jjajajajajaja.
Eu antes nunca sintírame tan apenado dos cóbados da xente como cando imaxinei o codo rachado da Peri.... Iso debe dorte moito, pero seica ti eres coma un roble. Non digo como o ferro, porque os que xogamos no Universitario sabemos ben que o ferro tamén fende...uo non jajajajajaja¡¡
Eu antes nunca vira a "Lua" tan guapa como está na foto que mostra o reconvertido o Galego. Tamén é poliglota coma min, ambos falamos con moita soltura Catalán e Galego jejejejeje¡¡. Sinto ter que decirvos que nin antes nin agora son capaz de emocionarme vendo una foto dunha ecografía... Prefiro imaxinarme o neno en color.
Xa non recordo que mais cousas quería comentar do blog.... leíno onte.
Anxo sigue coma sempre, de feito onte estaba Merce por aquí (que prometeu facerse bloggeira) e leu algo de Anxo. So decirche que preguntoume que era aposta... jajajajajaja
Encantame ver canto leedes. Non sei como faceis porque eu non teño tempo, cando chego a cama só penso nas caricias que me fai o edredón , eses arrullos para que me durma... e abofé que non ten que facer moito traballo..jajajajajaja

Xabiquiños

sábado, 23 de febrero de 2008

Os mércores, un "kit-kat"

Como me gusta que vaiades "resucitando" aínda que sexa aos poucos e nalgún caso tullidas (teñen éxito ultimamente, non hai máis que ver a Solbes, será por iso que te subiches ao carro, Pericocha?). Peri, non descoides o título do noso blog, cando unha ten unha idade non hai varias caídas, coa primeira xa te lesionas, como coa primeira corrente dunha porta xa tes unha lumbalxia, como coas primeiras copas tes resaca, e podería seguir....

De todas formas, estamos na idade ideal, e sobre todo, a que máis nos gusta aos galegos, ou iso din os tópicos, a medias de todo, nin novos nin vellos, con experiencia nalgúns temas pero con outros moitos por vivir, con bagaxe suficiente para tomar decisións pero que nos seguimos equivocando coma adolescentes. En fin, galegos e con corenta, que máis queremos?

Agora mesmo, eu boto en falta que non poidades acudir aos vermús dos mércores, dos que temos o privilexio de disfrutar Corbillón e máis eu. Só houbo un día que tivemos a fortuna de contar con Rafa e foi o día que empezou a celebración da corentena. Esperemos non ter que esperar outros corenta para poder contar contigo, Hamao, no noso vermú. Cando naza Lúa esperamos vervos por aquí, é un espazo libre de fume, polo tanto, non hai problema en que veña ela tamén.

O momento vermú do mércores é como un kit-kat no medio da semana e que serve para lembrar que existe algo máis que a rutina diaria de todo o que nos rodea, que é marabillosa, pero que non valorariamos se non fose porque fas unha parada nun vermú matinal para "reflexionar". En fin, que estamos nunha boa idade, con tempo para tomar un vermú pero sen poder permitírnolo todos os días, benvidos os corenta, con todo o que conlevan.


Buzapertas aos que escriben. Aos que nos siguen, xa non llas mando porque non sei quenes son e non vaia ser!!!je, je...

jueves, 21 de febrero de 2008

benvido, rafa

Perdón polo retraso, pero ademáis de estar un pouco deixada, rompín un codo o venres e tño que escribir cunha soa man, co cal desespero.
Antes de nada, benvido ao sector catalán deste blog, hai moito que non sabiamos de ti. Supoño que isto tiña que ir nun comentario pero paso, tal e como escribo coa man que me queda útil non estou para andar dun lado para outro.
Por outra banda, ¿onde está o sector leonés? A este paso pedimos a independencia, ninguén nos fai caso (je, je, xavi)
Cóntovos: como estou tan estupenda e parece que os anos non pasan por min (como por vós), fun patinar coa miña filla (de mamá superguai), estiven patinando máis dunha hora fenomenalmente e xúrovos que só caín unha vez. Pois nesa única vez rompín o codo.
Non imaxinedes momentos dramáticos, sangue, gritos, ...Podería mentir como unha bellaca, pero a verdade é que funme un pouco dorida para casa e nada máis; de feito non fun ao médico ata o día seguinte porque pensei que só tiña unha certa inflamación.

Bueno, pois iso un mes de baixa. Non importa, levo de "baixa" toda a vida e non me foi mal (Javi Rey, ¿nos sigues?, ¿podes "manifestarte"?)

Con isto da baixa estou lendo un libro de contos precioso, titúlase "bichos" e é de Torga, recoméndovolo.

Bueno, déixovos, bicos miles, que xa botaba de menos escreber por aquí.
Non repaso, que estou cansa. Perdoade os erros de redacción.

Vidilla

Amiguiños, xa de volta e media para mandarvos bicos de cuaresma e decirvos que estou ben, que nos vos preocupedes tanto por mín e que lle deades máis mimiños ó Hahahahamao, que ben que os necesita. Veño de forzas cargado para dinamizar virtualmente esta nosa comunidade, que anda de capa desprendida, e a botarlle un capote do copón, que consiste nunha invitación a un novo membro que o solicita e se lle concede dende a autoridade que me otorga a posición de subcomandante da administración. Deamo-la benvida á nosa República Independente da Corentena o ilustre e veterano corentón Sergio, alias Serginho (ou Isidro para Peri) ó tempo que aproveito tan venerable atalaia para despedir sen pena nin gloria ó inda máis veterano Comandante Fidel, vai con Dios, compañero. Unha mágoa que a gloriosa Revolución sempre teña que pudrirse en Sistema. Por eso algúns sempre viviremos en Utopía, ¿verdad BuZ?

Haberá máis, pero non mellor, que con vos xa é imposible.

Bicos en ráfagas.

viernes, 15 de febrero de 2008

Mezclado, no agitado

Hola de nuevo, siento el retraso en mi incorporación al blog, pero hemos tenido un principio de año cuando menos agitado, al revés que los martinis de 007, y eso que el 8 es un número que me gusta mucho... y no es al único.

He decidido entrar simplemente para retomar el hilo y para enviaros nuestra alegría de todos los días y casi lo único que sigue bien tras este comienzo de mierdaaaaaaaaa¡¡¡¡¡¡¡
Pero bueno, no os preocupéis que no hay nada grave que no se pueda solucionar.

Bsos a todas, sobre todo a la Peri q es la única que me ha botado a faltar y supongo que esto q os pongo a vosotros os da igual, pero a ellas les traerá tantos recuerdos....

Es Lúa de 25 semanas...

miércoles, 13 de febrero de 2008

Reflexións e lecturas


Hai moitos dos nosos amigos que rin das nosas reflexións e do ensalzamento que facemos sempre da "amistade". A pesar diso, e para facer valer as críticas e "vaciles" recibidos ao respecto, vouvos deleitar hoxe cun fragmento do último libro de Mario Benedetti. Di así:

Los sentimientos se deslizan, a veces se refugian en guaridas de amor, pero cuando emergen al aire preso o libre, dan el color del mundo, no del universo inalcanzable sino del mundo chico, el contorno privado en que nos revolvemos. Gracias a ellos, a los sentimientos, tomamos conciencia de que no somos otros, sino nosotros mismos. Los sentimientos nos otorgan nombre, y con ese nombre somos lo que somos.

Vivir adrede. Mario Benedetti. Editorial Alfaguara.

Aínda non rematei o libro, pero parece marabilloso, fai unhas reflexións sobre a vida, que penso que non vos debedes perder.

Permitídeme ser un pouco pedante e recomendarvos tamén outro, neste caso é unha novela, e supoño que algún de vos xa a terá lido a estas alturas, pois xa se falou moito dela nos foros literarios. O neno do pixama a raias, en castelán El niño del pijama de rayas, ámbalas dúas son traducións (esta non é falta de ortografía escríbese así en galego, je,je) dunha novela inglesa. Nin que dicir teño que...a lin en galego.

Esta novela engancha e é moi fácil de ler (senón non a lería eu, je, je). A verdade, é que había polo menos cinco anos que non lía unha novela enteira. Xa me parece bastante significativo do que me gustou a novela.

Hai uns anos paseime ao ensaio, porque penso que me aporta moito máis, inda non dei chegado á poesía, que ten moito máis nivel pero...supoño que algún día serei capaz: cando sexa maior! Isto xa o pensaba cando era máis pequena, pero debe ser que non son maior abondo...para a poesía.

Hoxe púxenvos outra foto do venres 23 de novembro, memorable para os que estivemos.

Buzapertas a todos os que escriben e os que nos siguen.




miércoles, 6 de febrero de 2008

As miñas "minivacacions"

Como non vou ter mini-vacacions..jajajajaja. Claro que si, teñoas todolos días apartires das oito da noite ate as 6:45 que e cando me levanto..jajajaja. Os fin de semana son algo mais longos e non sei se podense considerar mini-vacacions.
O que si temos e período non lectivo, pero é unha locura porque acumúlase moitas cousas como correxir exames (máis de 150), escribir proxectos de investigación, tribunais de Teses Doctorais (unha), reunións (centos), atender os meus doctorandos, etc...
Faime moita gracia porque moita xente pensa que non traballo cando non hai clase (incluida miña muller) jajajajajaja e a min dame a sensación de que non paro...
Isto xurdiu de un comentario de María pero penso que debe estar nun lugar privilexiado, jajajajaja¡¡

Pero non todo é malo porque dentro de un ratiño voume a Pilatear. jajajaja que non ten nada que ver con ligar con Pili jajajaja¡¡

Xabiquiños de Xaviguanquenovi (Xavionekenobi)

martes, 5 de febrero de 2008

De Conferencias, apostasías, tradición e outras corentenas.

Nestes días de viño (consagrado) e rosas (en puños) nos que desde a Conferencia Episcopal indican ós fieis o camiño de salvación, chega ó meu correo (o electrónico, claro) unha tentadora información convidando á apostasía, que quere dicir poñerse fora do que un ten, e xa é difícil que un quera deixar o que ten, pero no meu caso podo entender que os bispos lle digan ós seus o que teñen que facer, pero por iso mismo debería deixar de formar parte dese clube dirixido por eles. No diccionario da RAE en castelán a acepción 3 de obispo os define como "morcilla grande", é dicir, chourizos de enorme magnitudes é inda por riba cheos de sangue, razón de máis para inicia-los trámites de baixa.

Pero o máis curioso é que non podemos fuxir da influenza católica na nosa vida, tanta que todo o noso calendario está condicionado polas tradición relixiosas. Así, hai nada estabamos celebrando o nadal e agora o Antroido, Don Carnal, outra corentena, posto que son corenta días antes do primeiro domingo que segue a primeira lúa chea despois do fin do inverno. Corenta días nos que non se pode comer carne, marisco sí, e nos que os pecados da carne son máis pecados aínda, así que temos estes días para comer carne coma burros y darlle á outra carne sen parar (benaventurados os que poden..., con "f")...

E logo dos corenta días, a Santa Semana, este ano ampliada por outra festa católica, neste caso moi "descentralizada", o día de San Xosé, o santo varón por excelencia, ó que lle contaron que o fillo da súa muller non era del, pero que fora cousa dunha pomba e que ela era virxe... Chamáronlle P.P. padre putativo, é mira tí que voltas da a vida, que tanto tempo mais tarde de novo o mesmo Sanctu Spiritu volve a contarlle a outro P.P. máis trolas inda que agora en vez de pombas son gaivotas...

En fin, amigos, un pouco de polémica e de autoretrato ideolóxico para o blog, pero e que agora que estamos tan en familia vou tomarme a liberdade de ser políticamnete incorrecto inda que respetando obviamente tódalas vosas opinións e críticas que queirades facer. Mentres non me botedes de aquí, eu erre que erre.

Noutro momento comentaremos a increíble vida cultural desta nosa Pontevedriña e as súas noites de semana con yintonis y vozcas que sentan como Dios, con perdón, que inda me van botar antes de marchar...

domingo, 3 de febrero de 2008

Aquí estou outra vez

Canto tempo sen comunicarme con vós. Isto do preantroido foi un pouco liado: coso máis estes días que no resto do ano. Pero a verdade valiu a pena, Marta foi moi "juapiña" de bebé ao cole, cun pololo e unha capotita feita con moito amor e algo menos de habilidade pola súa nai, e pola miña parte eu fun ABSOLUTAMENTE esplendorosa (je,je...) ao instituto de zíngara (que por certo Xavi, tiven que explicarlle a uns alumnos, e dos espabilados, de que ía, e respondéronme "¿de que?" vaia, que tamén tiven que explicarlles o que eran os zíngaros, e son de 2º Bacharelato, enténdase o noso COU).
Bueno, pois pasei unhas horas en Pontevedra, e alucino co "carnavaleiros" que sodes.
Hoxe é domingo, e estou encantada de que aínda me queden por diante tres días libres, xa falarei outro destes días, que agora vou cear, a ver se vexo coa familia unha peli que collín na biblioteca. Por certo, tamén collín "La mala educación" e pareceume malísima, que horror.
Gostaríame tamén falar dalgún bo libro que lin ultimamente, pero agora leo moi pouco (non teño moito tempo) e os últimos que lin son sobre mulleres matemáticas, para facer un pequeno traballiño para os meus alumnos.

Sorpréndeme a importancia que lle dades ao mar. Supoño que porque son do Carballiño, pero penso que unha boa paisaxe de monte, desas onde se aprecian as estacións, onde hai árbores
que perden as follas, cores que cambian, flores, ... non ten nada que envidiar ás vistas do mar, e iso que eu teño unhas vistas espléndidas ao mar dende a miña casa. Bueno, xa me contaredes.

Boto de menos a Rafa, ¿xa tivestes a lúa e estás nesa fase que se está esgotado todo o día?

Bicos mil, e ata outro día.

viernes, 1 de febrero de 2008

Hacerca do que acabo de leer

Sinto a miña tardanza, pero como vos dixen estou moi atareado. Levo tres días correxindo... e sintoo moito pero isto da unha pena..jajajajajaja¡¡
Encotrei faltas de ortografía como "hacerca", unha falta total de coherencia na escritura que é totalmente desorganizada (salvando as excepcións que hainas), e o que é peor unha falta enorme de coñecemento e de dignidade. Digo esto porque penso que nun examen hai que ter dignidade y non escribir por escribir....
POr exemplo un ano houbo alumnos que a pregunta de :

Penicilinas: estructura, función y microorganismos productores

Respondieron, se pinchan en el culo y duelen mucho...

Isto e verídico porque mo escribiron a min, non me digades que non e para votarse a chorar... buah¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

En fin, que levo todo o día entre lumbreiras e estoume quemando jajajajajajajaja

Alégrome de estar de volta, aínda que non sei por canto tempo, porque febreiro está moi cheo de traballo.

Sorte para Corbillón esta fin de semana. Que a forza vos acompañe...

Xavione

martes, 29 de enero de 2008

Variado


Vou animar un pouco o blog porque semella que o persoal anda desaparecido, agora ata faltan os enganchad@s .
Non sei se estades esperando a que se decidan os "mudos do blog", se é así o blog da corentena, primeiro collerá telarañas e posteriormente iremos ao seu velatorio. Aproveitando a palabra velatorio, non vos perdades se tendes ocasión, a última obra que fai Carlos Blanco e Manecas Costa titulada "Humor Neghro", non ten desperdicio, merece moito a pena. Os que vos atopades na diáspora, non creo que teñades a oportunidade, a non ser que a vexades en castelán (inda que xa sabedes que os chistes non son tan bos, je, je,...por suposto, perderá bastante). Sempre podedes fundar a casa galega nas vosas respectivas cidades e levar a actuar a este marabilloso actor, oriundo do Salnés.
A foto que publico hoxe é das poucas que teño onde saen Xavi e Merce. Co guapos que estabades esa noite e eu non fun quen de retratarvos a xeito en ningunha ocasión. Síntoo ben!
Tamén sinto que non estivésedes este domingo en Lapamán co magnífico día que estaba (Xavi tranqui, non só faltabades vos, Touriño tampouco estaba para facernos a foto, está claro que sodes dos poucos que traballades para levantar...o país).
Eu non fixen fotos como Corbillón, pero intentei que me quedase ese magnífico cheiro a mar batido do inverno, para poder rescatalo cando o precise. Que pena non poder metelo nun bote...o olor, o mar cónstame que perdería todo o seu encanto!!!
Buzapertas a todos.

jueves, 24 de enero de 2008

Os mudos do blog

Sinto ter que facer unha nova entrada como resposta a anterior de Anxo, sei que este debería ser un comentario, sabedes que son purista neste tema, pero nos comentarios sigo sen saber como se publican fotos (eso que xa o comentei co "supertacañón" do noso blog, pero tamén o descoñece). Así que, non queda outro remedio: entrada-comentario.

A foto á que aludía Anxo non a teño porque o flash da miña cámara non tiña suficiente alcance e non se vía nada. A cambio, subín esta outra, en homenaxe aos blogueros da corentena que, semella quedaron tan tocados desa fin de semana, que non teñen nin forzas para deleitarnos coas súas palabras. E eso que algunha foto seguro que teñen, polo menos Javier nesta foto ten a súpercámara último modelo que levaba.

Por certo, esta foto é do venres ás 2 da mañá, xa non lembro en que pub.

Se queredes que poña fotos, non teño problema en incorporar unha en cada entrada que faga. Ben é certo que como non fago moitas, prodígome máis nos comentarios, pódeme dar o verán e inda non puxen todas, je, je,... Tratarei de escoller.

Buzapertas.

E a segunda.


E agora a segunda e...derradeira, jejeje. Eu xa cumplín, porque só teño dúas e son case iguais, pero son a proba inequívoca de que a lo menos BuZ debe ter máis que as que colgou, xa que no documento gráfico que se adxunta se comproba como ten unha cámara na man e semella que a utiliza, así que xa as estás compartindo...

E ós demáis o mesmo, fotiños ou...prenda ou letras no seu defecto. Para todos bicos e boa noite sen polémica.

P.D.: E son moi bo que vos aforro un "espich" sobre o futuro do imperialismo e o capitalismo occidental no mundo e a apocalipse do sistema financieiro tal como o coñecemos e a alborada dunha nova orde mundial...